A Unidade de Vixilancia e Transferencia Tecnolóxica da Fundación Fomento Calidade Industrial e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia ten un catálogo de servizos moi amplo no ámbito da Vixilancia Tecnolóxica. A través da Rede Neurona ofrece de forma gratuíta para os grupos de traballo das plataformas tecnolóxicas galegas a elaboración de informes de vixilancia tecnolóxica.
A través deste servizo, a Rede Neurona canalizará as necesidades de vixilancia tecnolóxica detectadas no voso grupo de traballo.
Nun prazo máximo de dous días poñerémonos en contacto con vós para informarvos sobre o estado da vosa consulta. Poderedes tamén consultar o avance do estado da vosa solicitude a través da web.
Máis información sobre os servizos da Unidade |
|
|