ÚNETE A NEURONA

Que vantaxes me aporta neurona?

  • obter de primeira man toda a información de interese sobre a situación do meu sector a nivel rexional, estatal e internacional
  • coñecer e interaccionar cos distintos axentes do meu sector presentes na actualidade en Galicia e interesados no ámbito da I+D+I (empresas, centros tecnolóxicos, universidades, ...)
  • establecer relacións de colaboración temporais e permanentes que faciliten a internacionalización da miña empresa.
  • acceso ao coñecemento sobre as capacidades tecnolóxicas dos distintos axentes do meu sector en Galicia, o que me facilitará a identificación de posibles sócios. Isto, unido á cercanía de intereses e necesidades que ofrece a proximidade territorial, resulta nunha moi importante fonte de competitividade para a miña empresa
  • participación en proxectos colaborativos de gran envergadura, o que posibilitará o acceso a instrumentos de financiamento específicos deseñados para este tipo de proxectos de gran alcance, como é o Fondo Tecnolóxico.
  • acceder a información sobre fontes de financiamento e socios tecnolóxicos en xeral, e a maiores implicará unha consideración positiva na valoración dalgunhas convocatorias de axudas públicas no ámbito da I+D+I.
  • facilitar o acceso aos grupos e proxectos xerados a nivel estatal e internacional nas plataformas españolas e europeas. A forza dos consorcios xerados en Galicia posibilita a entrada neste tipo de estruturas cun maior peso e representatividade, asegurando os intereses particulares das nosas empresas.
     

Que requisitos hai que cumplir para pertencer a neurona?

ser unha entidade, empresa, centro tecnolóxico, membro da universidade, ....con interese en actividades de I+D+I e adheridas a unha das 17 plataformas tecnolóxicas galegas que pertencen á Rede Neurona.

Únete a Neurona


  

Aviso legal | Política de privacidade

©2009 Rede Neurona. Tódolos dereitos reservados.