 | - Club de investidores/procura de socios financieiros
Este servizo ofrece aos usuarios a posibilidade de solicitar a busca da entidade financiadora pública ou privada máis axeitada para unha iniciativa emprendedora concreta no ámbito da I+D+I.
- Buscar socios tecnolóxicos
Este servizo pretende almacenar certa información básica sobre as capacidades tecnolóxicas concretas nas que destacan as empresas ou entidades adheridas ás plataformas (grupos de investigación, centros tecnolóxicos, ...).
- Elaborar propostas
Este servizo ofrece aos usuarios a posibilidade de solicitar á UNITE o asesoramento na orientación dun proxecto de I+D+I a unha convocatoria ou programa de financiamento concreto.
- Busca de financiamento
Este servizo ofrece aos usuarios a posibilidade de solicitar á UNITE a elaboración dun informe das posibilidades de financiamento dun proxecto de I+D+I - Vixilancia tecnolóxia
A Unidade de Vixilancia e Transferencia Tecnolóxica ofrece aos aociados á Rede Neurona un servizo gratuito de elaboración de informes de vixilancia tecnolóxica.
|