Agrupacións de entidades co obxectivo de impulsar a competitividade dos sectores chave para a economía galega a través da colaboración entre os axentes do Sistema de Innovación e a integración de actuacións. Incorporan a todos os actores do sistema Galego de Innovación (empresas, centros tecnolóxicos, grupos de investigación, administracións, organismos reguladores, ...) interesados nun sector concreto e que están interesados pola industria. Definen e implementan Axendas Estratéxicas de I+D+i sobre temas estratéxicos a nivel tecnolóxico, cun relevante impacto social debido á súa posible achega aos obxectivos galegos de crecemento, de competitividade e de sustentabilidade baseados no coñecemento. Facilitan a xeración de grandes proxectos colaborativos aliñados coas estratexias definidas nas AEIs polos sectores. |