 | A Unidade de Vixilancia e Transferencia Tecnolóxica da Fundación Fomento Calidade Industrial e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia ten un catálogo de servizos moi amplo no ámbito da Vixilancia Tecnolóxica. A través da Rede Neurona ofrece de forma gratuíta para os grupos de traballo das plataformas tecnolóxicas galegas a elaboración de informes de vixilancia tecnolóxica. A través deste servizo, a Rede Neurona canalizará as necesidades de vixilancia tecnolóxica detectadas no voso grupo de traballo.
Nun prazo máximo de dous días poñerémonos en contacto con vós para informarvos sobre o estado da vosa consulta. Poderedes tamén consultar o avance do estado da vosa solicitude a través da web.
A metodoloxía de traballo para a posta en marcha do servizo será a seguinte: - Cada grupo de traballo de cada plataforma poderá solicitar, ao longo dos meses comprendidos entre xaneiro e marzo do ano 2009, un informe tecnolóxico, de intelixencia ou de mercado. As características concretas destes informes inclúense no documento adxunto.
- Cada grupo de traballo de cada plataforma poderá solicitar, ao longo dos meses comprendidos entre abril e xuño do ano 2009, un segundo informe tecnolóxico, de intelixencia ou de mercado.
- A petición de información se realizará a través da web polos membros dos grupos de traballo das plataformas.
- Durante o proceso de elaboración do informe e de forma puntual, a Unidade solicitará o apoio da plataforma tecnolóxica para a validación e correcto desenvolvemento da documentación.
- En primeiro lugar, para concretar cos expertos do grupo de traballo da plataforma a “estratexia de busca”, coas palabras clave, mapa de fontes, etc...
- De seguido, no momento en que se elabore o borrador do informe, co obxecto de valorar a primeira opinión dos expertos do grupo de traballo da plataforma sobre a idoneidade do mesmo, recibir suxestións e a validación final.
- A continuación, e unha vez rematado, a “posta en valor do informe” debe ser realizada polos expertos na materia correspondentes ao grupo de traballo que solicita a información. O propio grupo de traballo debería incluír no informe un apartado final de conclusións.
- En calquera caso, os prazos finais se establecerán pola Unidade de Vixilancia e Transferencia Tecnolóxica de xeito concreto para cada solicitude.
Máis información sobre os servizos da Unidade | | |
|