CLUB DE INVESTIDORES

Facemos posible o teu proxecto de I+D+I

 

O club de investidores é un foro de investimento financeiro que ten como obxetivo dar resposta ás necesidades do sistema galedo de I+D+I mediante o apoio  financeiro a proxectos estratéxicos de I+D+I e iniciativas innovadoras.

¿Cales son as súas funcións?

  • Captar e analizar proxectos de I+D+I e iniciativas de carácter innovador xeradas polos distintos axentes do Sistema Galego de I+D+I e ofrecer solucións ás súas necesidades financieiras.
  • Ofrecer facilidades ás empresas (especialmente ás PEMEs) e centros tecnolóxicos que lles permitan embarcarse no desenvolvemento de grandes proxectos. Así, por exemplo, o club poderá procurar o acceso ao crédito das PEMEs galegas e mellorar as súas condicións de financiamento, a través da prestación de avais ante bancos, caixas de aforro e organismos financeiros en xeral.
  • Brindar un ámbito onde os membros poidan intercambiar información acerca de oportunidades de investimento en proxectos con alto potencial de crecemento e ofrecer soporte para que estes investimentos se poidan realizar de forma conxunta entre os membros do club.

Se quere facer unha solicitude ao Club de Investidores, debe estar rexistrado na web dando de alta a súa entidade, indicando a que Plataforma Tecnolóxica Galega pertence. Unha vez validado pola Secretaría Técnica da Plataforma correspondente, poderá disfrutar deste servizo.

 

Aviso legal | Política de privacidade

©2009 Rede Neurona. Tódolos dereitos reservados.