 | O tecido empresarial galego é o obxecto principal dos nosos servizos e actividades. En neurona cremos que Galicia conta cun grande potencial e capacidade sen explotar que podemos aproveitar para impulsar a competitividade das nosas empresas. E para facelo precisamos que todo o tecido empresarial galego visualice o papel destacado que xoga a colaboración con outros axentes do sistema de innovación, | como empresas, centros tecnolóxicos, universidades, etc, de xeito que a posta en común dos seus recursos e as súas necesidades faga posible a complementariedade entre eles. Co fin de favorecer esta colaboración e facernos así máis competitivos, creamos neurona, a Rede de Plataformas Tecnolóxicas Galegas, como medio que facilita o intercambio de experiencias e elemento de vinculación entre todos os actores que integramos as plataformas. |