Este servizo ofrecerá aos usuarios con perfil restrinxido a posibilidade de solicitar á UNITE o asesoramento na orientación dun proxecto de I+D+I a unha convocatoria ou programa de financiamento concreto.
Tras estudar a información aportada poñerémonos en contacto con vós para fixar un encontro e axudarvos na elaboración da vosa proposta ao programa indicado.
Se quere facer unha solicitude de Elaboración de Proposta, debe estar rexistrado na web dando de alta a súa entidade, indicando a que Plataforma Tecnolóxica Galega pertence. Unha vez validado pola Secretaría Técnica da Plataforma correspondente, poderá disfrutar deste servizo.