ACTUALIDADE NEURONA
LOXSIGA presenta a súa Axenda Estratéxica de Investigación. 28 de abril de 2010

O Presidente de Loxisga, Xoán Martínez Reboredo, presentou o pasado 28 de abril, a Axenda Estratéxica de Investigación como documento guía do sector durante os pr´´oximos anos e nos que se define o marco estratéxico e as áreas prioritarias para o desenvolvemento das actividades de I+D+i prmovidas pola Plataforma. O documento, logo de facer unha análise das actividades empresariais de loxística e transporte de mercadorías no contexto da UE, España e Galicia e dos principais retos estratéxicos para a dinamización da innovación no sector, sinala 5 áreas prioritarias que se corresponden cos cinco grupos de traballo creados no seo da Plataforma coas respectivas liñas estratéxicas de I+D+i.

A continuación, Álvaro Gómez Vieites, profesor asociado da Escola de Negocios Caixanova e Director do Programa Executive MBA presentará un estudo de Vixiancia Tecnolóxica que identifica e analiza as novas tecnoloxías que poderán ter un impacto nos procesos e no desenvolvemento de negocios das empresas do sector loxístico e unha relcaión de proxectos de I+D+i de especial interese para as actividades lox´siticas realizados nos ultimos anos na UE.

Voltar

Aviso legal | Política de privacidade

©2009 Rede Neurona. Tódolos dereitos reservados.