Elección do Comité de Vindeira. 12 de novembro de 2009
O pasado 12 de novembro tivo lugar a IV Asemblea de Vindeira na que se procedeu á votación do novo Comité Executivo que continuará dirixindo a actividade da Plataforma durante os próximos 2 anos. A unica candidatura presentada, que foi aprobada pola totalidade dos membros da Asemblea alí presentes, está presidida por R, Televés na vicepresidencia e como vogalías están representadas as empresas 2mares demil, Altia, Arteixo Telecom, Aldaba e Quobis, xunto co Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC. Durante a xornada, presentouse a memoria de actividades do ano 2009, o Plan estratéxico de Vindeira e os responsables de cada un dos grupos de traballo fixeron balance da actividade levada a cabo desde o momento da súa constitución.