Xornada “Colaborar para innovar: As oportunidades do Fondo Tecnolóxico Europeo para Galicia”
A Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia organiza esta xornada, enmarcada na celebración do Ano Europeo da Creatividade e da Innovación, co obxectivo de estimular a participación galega nos programas estatais que xestionan o Fondo Tecnolóxico, a través da presentación aos axentes do Sistema Galego de Innovación dos instrumentos a través dos que poden optar a el, así como da exposición de proxectos galegos que xa foron aprobados.
A xornada terá lugar o 16 de setembro de 2009 no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela.
No marco da xornada, celebrarase a sesión: Presentación de proxectos galegos financiados polo Fondo tecnolóxico, que será moderada polo Presidente de Neurona, Antonio Rodríguez del Corral.
A través da web da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación pódese consultar o programa e inscribirse na xornada.